Sesión do 24 de abril
Daniel na súa intervención sobre o Portfolio e a súa implementación na aula de inglés
PRÓXIMA XUNTANZA
Falamos no Simposio da posibilidade de ter a seguinte xuntanza despois da primeira semana de abril, podería ser o venres 17. Na páxina web: www.grupodelinguas.com podedes ler as presentacións das ponencias e comunicacións, tamén hai disposta unha galería de fotos. Xa mantemos contacto por correo e fixamos a data definitiva da próxima reunión de traballo
TRABALLO INTENSO O SÁBADO 28
AS LINGUAS NAS REBAIXAS
A PRESENZA DAS LINGUAS NA VIDA COTIÁ
Sesión do 30 de xaneiro
Temos sesión de traballo o venres 30 de xaneiro. Se estades sobre as 4 podemos tomar un café e comezar a sesión ás 4.30 no seminario C. Falaremos tamén do Simposio do 28 de febreiro.
SIMPOSIO: LINGUAS, CULTURAS E ESCOLA
I Simposio Galego "Linguas, Culturas e Escola"
Data: 21/01/2009
Prazo de inscrición ata o 21 de febreiro
O Grupo de Linguas xunto coa Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela organizan o I Simposio galego sobre a relación entre linguas, culturas e escola. O simposio celebrarase o 28 de febreiro de 2009 no salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC (Campus Norte). Prazas limitadas.
Na páxina web do grupo: www.grupodelinguas.com tedes o tríptico. Falaremos do Simposio na próxima sesión do venres. 30.
Manifesto de Santander
Aínda que centrado no ensino de EL2, os principios deste Manifesto, elaborado a partir dunha iniciativa dos moderadores do foro do Centro Virtual Cervantes, poden aplicarse a calquera L2 dirixida a inmigrantes.
Grazas a todas e a Daniel
Moitas grazas Mercedes
Publicadas as Conclusións de Granada
Na páxina de Segundas linguas e Inmigración podedes atopar as Conclusións de Granada.
Reunión do venres 12 de decembro
Temos reservado o seminario C da Facultade de Filoloxía (entre as 16.30 e as 20 horas). Se chegades antes podemos tomar un café sobre as 4. Concha está facendo os trámites para o recoñecemento das horas, pero pensamos que non será moi doado.
Currículum integrado das linguas. Materiais da Consejería de Educación de Andalucía
“Currículo Integrado de las Lenguas: propuestas de secuencias didácticas”
Trátase dunha publicación que é o resultado dun traballo realizado entre docentes de diferentes etapas educativas co fin de ofrecer materiais prácticos para o desenvolvemento do Plan de Fomento do Plurilingüismo da Consejería de Educación de Andalucía.
S. O. S. - AXUDA!!!!
Os membros da Asociación de Profesores de Inglés de Galicia fan un chamamento á toda comunidade educativa para difundir a súa actividade formativa e, deste xeito, solicitar AXUDA e xente interesada en colaborar con nós. Se estás interesado /-a, e para máis información, escribe un e-mail a: info@apiga.org ou danielrouco@edu.xunta.es”
A sesión do venres 12 de decemdro
Mercedes Espiño (profesora do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela) confirma a asistencia ao seminario. Virá ás 16.30 a falar das parellas lingüísticas, a relatar a súa experiencia no seu instituto
Unha proposta
Parellas lingüísticas
Experienza que se pode levar á práctica:
* Bases teóricas da experienza: Cristina Escobar , "Para aprender a hablar hay que querer decir algo". Glosas didácticas 12.
* A experienza explicada: "Parelles lingüístiques en un IES". Luci Nussbaum e Matilde Martínez "Caixa d’Eines nº 3".
* Descrición e les fitxes con un guión detallado.
La Web del grup GREIP, é o marco no que se inscribe esta experienza. Podemos atopar materiais e actividades.
Manual Aula de Galego
Para a seguinte reunión quedamos de falar sobre o Manual Aula de Galego (Celga 1). Na Secretaria Xeral de Política Lingüística podemos descargar as unidades. É un manual baseado no enfoque comunicativo e por tarefas e está adaptado ao Marco (nivel A2).