Blogia
Grupo de traballo en segundas linguas na Comunidade galega

Publicación

Publicación

INTEGRACIÓN LINGÜÍSTICA E INMIGRACIÓN
COLECCIÓN LALIA SERIES MAIOR
Volume coordinado por: Mª Teresa Díaz García, Inmaculada Mas Álvarez, Luz Zas Varela
17 x 24 cms. ISBN 978-84-9887-020-6
2008, 200 páx.
PVP. 20,00 €


Este volume reúne unha serie de traballos dedicados a aspectos relacionados coa incidencia da inmigración no ensino e aprendizaxe de segundas linguas. Estamos asistindo a unha serie de cambios sociais que afectan de xeito directo ao contexto educativo, e, entre eles, o fenómeno migratorio. Na integración lingüística do alumnado foráneo xoga un papel decisivo a aprendizaxe da lingua ou linguas empregadas na comunidade. Os temas abordados neste volume por diferentes especialistas son: a situación en Galicia, tanto para o galego como para o castelán, unha revisión e propostas das claves do ensino de segundas linguas a inmigrantes, a variación do castelán como obxecto de reflexión e de ensino, algúns aspectos sobre materiais e metodoloxías de ensino de linguas, así como os programas de acollida e orientación para alumnado inmigrante.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres